Literatura en “A cidade en chamas” (III)

Ademais dos libros citados en entradas anteriores, nesta novela cítanse outras obras literarias. Algunhas teñen un peso importante na historia. Un exemplo disto son os poemas do poeta turco Nazim Hikmet que van aparecendo na novela. O primeiro lémolo na páxina 76 e di así:

O murmurio do mar

e o outono chegou coas súas nubes preñadas e a súa terra sabia…

meu amor,

os anos maduraron.

Pasamos por tantas cousas

que podiamos ter mil anos.

Pero ainda somos

nenos de ollos coma pratos

correndo descalzos pola area, collidos da man.

Se queredes ler máis poemas deste autor, ademais dos que veñen no libro, achegádevos a esta páxina.

Outra das obras que se citan é  Asasinato no Orient Express (na páxina 130), de Agatha Cristhie:

“(…) Salim estaba sentado no seu posto de libros, absorto na lectura do Asasinato no Orient Express. Semellaba que a noite anterior non o afectara o máis mínimo. Era agradable volvelo ver.

– Deduciches quen o fixo?

– Atopei algo mellor_ Salim ergueu a mirada sen amosar sorpresa ningunha-. Unha expresión marabillosa: “andar con andrómenas”. (…)”

Aquí tedes a película baseada na novela:

Tamén se fala de  Tao Te Ching na páx. 185: “( …) Húmida e pegañenta, así estaba a atmosfera cando Heller o atopou por fin. Salim estaba facendo un troco co vendedor de paraugas xamaicano, cambianado un exemplar de Tao Te Ching por un par de paraugas negros. (…)” Podédelo ler aquí.

Como sabedes, Salim adícase a vender libros (comerciar con libros sempre é mellor que comerciar con calqueira outra cousa). Un dos que “participa” dese comercio é O gozo de amar. Na páxina 136 podemos ler:

“( …) _ Tes o que che encarguei a semana pasada?

_ O gozo de amar, última edición?

_ Non, non…_ McCulloug mirou para Heller, colorado_. O Diccionario de español... última edición revisada.(…)”

Velaquí a película baseada na novela homónima:

Rematamos a entrada, como comezamos, cuns versos fermosísimos do poeta turco citado arriba:

Eu

quero morrer antes ca ti.

¿Coidas que o último en marchar

atopa o que se foi primeiro?

Eu non o creo.

Sería mellor que me queimasen

e me puxesen nunha urna de vidro.

Unha urna feita

de claro vidro,

de xeito que me puideses ver dentro…

Xa ves o meu sacrificio: entrégome converténdome en terra,

entrégome facéndome flor,

só para estar preto túa.

Despois, cando morras,

podes vir á miña urna

e viviremos alí xuntos

ata  que unha noiva atordada nos bote ao vento.

Pero para entón xa estaremos tan mesturados

que caeremos un a acarón do outro,

que nos afundiremos na terra xuntos.

E se cadra medrará unha flor silvestre.

Tan fermosos coma ese “polvo serán, mas polvo enamorado” de Quevedo.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A cidade en chamas, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s