Onte falabamos da obra El Quijote, de Miguel de Cervantes Saavedra. Non queremos deixar pasar dúas recomendacións literarias “cervantinas”.
A primeira é a súa obra Novelas ejemplares, ensombrecidas un pouco por El Quijote, pero de grande valor literario. Na biblioteca témolas á vosa disposición.
( As novelas ejemplares que viu Luca. Exposición Casa Museo de Miguel de Cervantes, Alcalá de Henares)
A segunda vén ao fío de Cervantes tamén: a obra poética de José Caballero Bonald, último premio Cervantes. Na Universidade de Alcalá de Henares pódense ver esta exposición do poeta. As fotos están tomadas por Luca.
Se entrades nesta páxina poderedes ler algún poema do autor. Mentras tanto, podedes ir mergullándovos neste, na procura da “clave venturosa de la vida”:
Nunca será unha infracción achegarse á súa poesía e á súa obra.