Cine en “A cidade en chamas”

Na páxina 37  do libro, cando Heller pasa coma unha exhalación por diante da Escola de Cine Tisch, alí “había un grupo de alumnos reunidos, falando da última película de Kevin Smith”. Tendo en conta que a acción da novela se desenvolve no verán do 2001, a película sería “Jay y Bob el silencioso contraatacan” 

Nesta película o propio Kevin Smith interpreta a Bob o silencioso. O nome dos protagonistas é o mesmo que leva a súa tenda de cómics (“Jay and Silent Bob’s Secret Stash” , en Red Bank, New Jersey). Precisamente o mundo do cómic é un dos temas recurrentes deste director. Tamén é algo moi seu que as mesmas personaxes aparezan en diferentes películas. Jay e Bob o silencioso son habituais de varias  e, aínda que nun primeiro momento o director dixo que a película (á que aquí vos deixamos un enlace) sería a última na que aparecerían, logo introduciunos en “Clerks II” no 2006.

Bob o Silencioso en “Persiguiendo a Amy” (1997)

“Dogma” (1999)

Continuando co cine na novela, na páxina 46, hai nunha parede “unha foto autografada por Sarah Jessica Parker“.

E para rematar, aínda que esta película non aparece citada na obra, nós traémola a colación porque o Día da Independencia é o día do aniversario do protagonista: a película é “Nacido el 4 de julio”, de Oliver Stone do ano 1989 e protagonizada por  un xovencísimo Tom Cruise.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A cidade en chamas, Cine, Nova Iorque

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s