Antes da reunión: New York/Estambul

Voltamos á cidade de New York (lembrade que xa pasamos por ela na viaxe de Phileas Fogg) na nosa última lectura deste curso. Imos visitar de novo a cidade dos rañaceos da man de Heller, o protagonista de “A cidade en chamas”, pero tamén imos ir a Estambul da man de Salim: o inmigrante turco-kurdo amigo de Heller.

Deixámosvos para comezar un enlace ó mapa da cidade por se queredes seguir a Heller nalgunha das súas entregas á velocidade do raio.

A outra cidade que imos visitar é Estambul, a capital de Turquía. A República de Turquía está situada na península dos Balcáns e é a porta de entrada a Asia ou de saída de Europa, pois está entre os dous continentes.

(Procedencia da imaxe)

Salim dinos que el é kurdo. Os kurdos son un pobo indoeuropeo que se asentou no sur de Anatolia arredor do século X a. de C. (a súa lingua é o kurdo). O Kurdistán é unha rexión do interior de Asia Menor, ó norte do Oriente Medio historicamente reclamada polo pobo kurdo, a etnia sen estado que o habita actualmente. O seu territorio atópase repartido entre catro estados: Turquía, Irak, Irán e Siria xunto cun pequeno enclave en Armenia.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A cidade en chamas, Nova Iorque

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s