Outros pintores ademais de “O pintor do sombreiro de malvas” (II)

Ler “O pintor do sombreiro de malvas” é unha inmersión no mundo da pintura, non só de Van Gogh, senón doutros coetáneos:

Na páxina 47, dísenos que o dortor Gachet “é todo un entendido en arte e coñece a Pissarro e Cézanne.

PISSARRO (1830-1903) foi un dos iniciadores do Impresionismo. O maior dos pintores deste grupo que fundou ó seu regreso de Londres (onde coincidíu con Monet) xunto con este e máis  Manet, Renoir, Sisley e Guillaumin.

Na páxina do Museo Thyssen Bornemisa (onde hai unha exposición co título de “Impresionismo e aire libre. De Corot a Van Gogh”, desde o 5 de febreiro ó 12 de maio) podedes ver unha pequena biografía e obra de Pissarro.

Deste pintor, o museo ten previsto facer unha exposición monográfica no verán.

(Procedencia da imaxe)

No capítulo 16, chega “á pousada un novo inquilino que resultou ser tamén un pintor e holandés”, na páxina 80, Vincent preséntanolo ó presentarllo ó narrador:

“-Ah, estás aquí! -exclamou Vincent-. Deixa que che presente. Este é Anton Hirschig, un prometedor pintor da miña terra.”

ANTON HIRSCHIG (1867-1939). Este pintor holandés aloxouse na habitación contigua a Vincent Van Gogh desde máis ou menos o 17 de xuño do 1890 ata pouco despois da morte deste. Non se sabe se estaba recibindo clases do mestre. En tres das cartas de Van Gogh, cítase este pintor holandés. Van Gogh disparouse o día 27 de xullo e morreu o 29. Nas memorias de Adeline Ravoux esta fai referencia a el coma máis interesado nas rapazas ca na pintura.

Pissarro e Cézanne volven ser citados en palabras do anterior, na páx. 89,:

“-Escoitei falar da vila a un grupo de pintores nun faladoiro de París. Logo souben que mestres que eu admiro, como Pisarro ou Cézanne, pintaran estas marabillosas paixases e aquí me plantei.”

CÉZANNE (1839-1906) Podedes ler a ficha biográfica da páxina do Museo Thyssen. Nós deixámosvos unha das súas obras máis coñecidas “Os xogadores de cartas” do 1890-92 (lembrade que o 1890 é a época de Auvers de Van Gogh)

(Procedencia da imaxe)

No capítulo 22, presentasenos a Daubigny como pintor. “Nas sete semanas que Vincent lebaba en Auvers aínda non nos internamos no vizoso xardín de Daubgny, un afamado pintor morto anos antes.”

Máis adiante, Vincent ten intención de visitar á súa viúva: “Presentareille os  meus respectos a madame Daubigny e aproveitarei para ver os cadros do seu home e pintar unha vista do xardín.”

DAUBIGNY (1817-1878) Tamén está incluído na exposición “Impresionismo y aire libre”, xa citada, do Museo Thyssen (v. ficha biográfica)

Destacan as súas paisaxes fluviais, das que vos deixamos unha mostra sacada da Wikipedia

Por último, o gran ausente en “O pintor do sombreiro de malvas” é Gaughin (1848-1903). Este pintor postimpresionista, que desenvolveu gran parte da súa produción nas Antillas, á volta dunha viaxe ó Caribe expón na galería de Theo Van Gogh. Coñeceu ós irmáns Van Gogh no 1886 en París, e con Vincen vivíu de outubro a decembro do 1888 en Arlés, no sur de Francia.  Durante eses dous meses traballan e pintan xuntos, pero a convivencia non era boa a causa dos temperamentos excesivos de ambos. Isto propicia unha das explicacións do episodio do corte da orella de Vincent, do que non está claro que Gaughin fose o causante. Este  parece que se cansou de Van Gogh e deixouno, aínda que seguiron mantendo certa relación.

Deixámosvos o cadro de Gaughin, da época de Arlés, “Van Gogh pintando xirasois” (imaxe sacada da wikipedia)

E con isto rematamos as entradas referentes á pintura. Continuaremos coa música e a literatura proximamente. Lembrade que a reunión será a próxima semana (luns 6 de maio)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s