Primeira reunión do 2013

E chegou o día da reunión en torno á “La gacela”.

100_3982_00_resized

Despois de facer un desplegue africano sobre a mesa da biblioteca, con exemplares do “National  Geografic”, uns tamtam, unha máscara e algunha das nosas recomendacións, que  irán aparecendo no blog nos próximos días,

100_3984_resized

quixemos tamén facer unhas aportacións gastronómicas a base de coco. (Esqueceusenos levar o leite, ou as galletas rsecas ou húmidas, que comían os personaxes do libro).

100_3986_resized

E ben que fomos dando cabo das cocadas e do pastel de cenoura e coco, mentras demos conta tamén do libro

100_3988_resizedComa sempre Christian, Jorge e Yago, foron os máis faladeiros. Será porque  tiñan a lectura moi recente e non se lles pasou detalle.

Captaron o trasfondo da obra, algúns ata leron “entre líneas”, facendo unhas aportacións moi interesantes ó tema que propoñíamos para a reflexión: a cooperación e axuda ó desenvolvemento.

Según Yago, “os pobos do terceiro mundo non están civilizados á maneira do primeiro mundo, pero iso non quere dicir que non teñan cultura”.

Moi boa a precisión de Pedro de que “a pasta” diferencia o primeiro mundo o terceiro. “E onde está o segundo mundo?”, preguntaba Alba. “As economías emerxentes”, respondía Pedro, que se quedou durante boa parte da reunión sumerxido nos mapas de África e os “National Geografic” que se estendían sobre a mesa. Sería que como regalo de cumpreanos (felicidades, Pedro) quería unha viaxe a África?

Christian, quedouse con que Rasmus era o único que realmente se preocupaba polos nativos.

Jorge percibíu moi ben a crítica á inxerencia dos cooperantes que fai Gerad, o Chacal.

Non se lles escapou tampouco a Christian e a Yago o tema do amor que os dous homes, Gerard, o nativo, e Simon, o branco, sentían pola mestra, pola “gacela”. Personaxe, o da “gacela”, que non aparece tanto coma outros de forma directa, pero que desde o momento que o narrador nola describe, con esa forza e ese énfase na súa “sombría beleza”, xa nos damos conta de que ten un papel decisivo na historia.

E para rematar este remuíño de aportacións, quédanos por saber ás mediadoras do club, que entenden os lectores por “un libro raro”. Si nos quedou claro que Laura entende por “libro raro” o que trata temas pouco habituais, pero os demais? O tema do colonialismo, explotación de países pobres por parte dos ricos, non son temas habituais dos libros que soen ler.

Ah! Tamén nos quedou claro que as descripcións non gustan. “Se hai descripción non hai narración”, dicía Pedro. Cuestión de gustos, e xa imos aprendendo a dicir “non me gusta”, como opinión persoal, e non “é un libro malo”.  No noso club non hai libros malos, nin malos lectores, só hai libros e lectores con gustos diferentes, non é?

E agora si, coa “gacela” de David, pechamos entrada.

  "Cena" A fotografía por tomada por David

 A fotografía da gacela tomada por David

A próxima reunión  levaranos a Venecia, con “El retrato de Carlota” de Ana Alcolea. Durante este mes continuaremos coas recomendacións sobre “a selva africana” (terédelas agrupadas baixo esta categoría o blog), pero estade tamén atentos a semana anterior á reunión, que xa vos iremos deixando entradas coma miguiñas para que sigades o rastro da nova lectura. Ademais esta vennos moi acaída, pois entraremos no mes do Antroido da man dun libro que nos leva ó “Carnaval de Venecia” a través do misterio, amizade, literatura, amor…

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en A selva africana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s