Mitoloxía clásica en “La gacela”

SÍSIFO

En varias ocasións na novela de Jo Pestum hai alusións á mitoloxía clásica. Nunha delas, nas páxinas 51 e 57 da edición de Anaya, citase o mito de Sísifo. Na primeira ocasión cando Simon lle está contando a Albert que todo ía ben e logo coas chuvias todo se botou a perder e tiveron que comezar de novo, Simon di:

“-Nuestro trabajo es parecido al de Sísifo”.

Neste vídeo tedes unha pequena animación, dun minuto e pouco, en portugués, que vos explica o mito e fai unha interpretación final aplicando o mito ó traballo absurdo, neste sentido usa Albert a expresión no libro.

Na páxina 57 Albert di: “Recordé la imagen del mítico rey Sísifo, que tenía que subir con esfuerzo la piedra hasta la cima de la montaña, a pesar de saber que siempre volvería a caer rodando. Sísifo, sin embargo, proseguía su inútil trabajo, al que, pese a toda obligación, parecía ver un sentido. También me vino a la mente el verso del poeta  Albert Camus, cuyos libros había empezado a leer años atrás: “Tenemos que imaginarnos a Sísifo * como un hombre feliz”. Aunque seguía sin entender estas palabras, empezaba a vislumbrar su sentido. Sólo que aquellos hombres no eran felices.”

*Picando sobre o nome tedes o texto de Camus que acaba coa cita que nos da Albert.

————————————————————————————————————————–

HÉRCULES

Outra alusión máis velada a un heroe da mitoloxía clásica é o nome do touro, Hércules, do que di René: “todas nuestras esperanzas están depositadas en Hércules” e maís adiante, Albert refírese a el coma “el portador de esperanzas”.
Neste enlace tedes un resume dos “Doce traballos” que tivo que realizar o heroe grego por orde de Euristeo. Neste caso o heroe foi o “portador de esperanzas” para moitos, foi o mesmo o touro de Simon e os seus compañeiros?

E tamén podedes ver este vídeo da páxina “Mitos y leyendas” de RTVE

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A selva africana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s