“La gacela”. Jo pestum (II)

Na anterior entrada pre-reunión, situámonos xeograficamente no escenario de “La gacela”. Se queredes adentrarvos na historia deste páis podedes entrar neste enlace.

Neste país, que como dixemos, é o terceiro país máis grande de África, limita ó norte coa República Centroafricana, e o Sudán do Sur; ó este con Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania; ó sur con Zambia e Angola e ó oeste co océano Atlántico, a República do Congo (Congo-Brazaville) e o enclave de Cabinda (Angola).

Este país habítano un total de 239 etnias, según os datos da seguinte páxina do Proyecto Josué na que podedes ver a listaxe de etnias, o número de individuos, relixión e lingua.

(Procedencia da imaxe)

Con respecto á lingua, no libro cítase varias veces o Kikongo, unha das catro linguas de carácter nacional (as outras 3 son o swahili, o lingala, e o tshiluba) xunto co francés que é o idioma oficial. As nenas da escola do poblado fálanlle kikongo a Albert, que el non entende, pero eles si entenden o francés (v. páx. 42).  Ademais hai máis de duascentas linguas faladas.

Aquí tedes a listaxe das 215 linguas da República Democrática do Congo enumeradas polo SIL Con estas siglas coñécese unha organización cuxo principal propósito é estudar, desenvolver e documentar linguas pouco coñecidas coa finalidade de expandir o coñecemento lingüístico, promover a alfabetización e axudar ó desenvolvemento das linguas minorizadas. Facilita material para a procura lingüística a través de Ethnologue, unha publicación electrónica e impresa.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A selva africana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s