“21 de decembro do 1872”

“-Non esqueza que ten que estar de volta…-observou Andrew Stuart.

-Dentro de oitenta días -respondeu Mr. Fogg-. O sábado 21 de decembro de 1872, ás oito e corenta e cinco da noite. Ata vernos, señores”

(Páx. 40 da edición de Xerais)

“E o sábado 21 de decembro, ás oito e corenta e cinco da noite, ¿reaparecería, como un deus da exactitude, na soleira do salón do Reform Club?(…)

“Aquela noite, os cinco colegas do gentleman levaban nove horas reunidos no salón nobre do Reform Club. Os dous banqueiros, John Sullivan e Samuel Fallentin, o enxeñeiro Andrew Stuart, Gauthier Ralph, administrador do Banco de Inglaterra, o cervexeiro Thomas Flanagan, todos agardaban con ansiedade.

No momento en que o reloxio do gran salón deu as oito e vintecinco, Andrew Stuart ergueuse e dixo:

-Señores, dentro de vinte minutos remata o prazo acordado entre Phileas Fogg e máis nós.

-¿A que hora chega o último tren de Liverpool? -preguntou Thomas Flanagan.

-Ás sete e vintetrés, -respostou Gauthier Ralph- e o tren seguinte non chega ata as doce e dez.

-Pois ben, señores, -proseguiu Andrew Stuart- se Phileas Fogg chegara no tren das sete e vintetrés, xa estaría aquí. E, xa que pois, nós podemos considerar gañada a aposta.(…)

“A agulla marcaba neste momento as oito e corenta e dous. Os xogadores colleran as cartas; pero, a cada instante, a súa ollada fixábase no reloxio. ¡Pódese afirmar que, fose cal fose a súa seguranza, endexamais lles pareceran os minutos tan longos!

-As oito e corenta e tres- anunciou Thomas Flanagan…

-¡As oito e corenta e catro! -dixo John Sullivan…

Un minuto máis, e a aposta estaba gañada.

Ó cuadraxésimo segundo, nada. ¡Ó quincuaxésimo, tampouco!

No quincuaxésimo quinto, oíuse coma un trono fóra, aplausos, vivas, e tamén imprecacións, que se propagaban coma nun rolar continuo.

Os xogadores erguéronse.

Ó quincuaxésimo sétimo segundo, abriuse a porta do salón; e o péndulo aínda non sinalara o sesaxésimo segundo, cando apareceu Phileas Fogg, seguido dunha multitude delirante que forzara a entrada do clube, e dixo coa súa voz calma:

-Velaquí estou, señores.

(Páxinas 263, 264 e 265 da edición de Xerais )

E, efectivamente, o día sinalado á hora sinalada, Phileas Fogg chegou a Londres logo de facer a volta ó mundo en 80 días.

Aquí remata a súa volta e  o noso calendario de citas, pero nós continuamos a nosa viaxe: en xaneiro imos ó Congo,  á selva,  despois de pasar en novembro polo deserto e en decembro pola neve, como xa sabedes.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s