“O día seguinte, 19 de decembro, devorou o lume ós mastros, a arboradura e as berlingas. Botaron a baixo os paus e puxéronos en cachos a golpe de machada. A tripulación traballaba con azos increíbles. Passepartout, tallando, cortando e serrando, facía o traballo de dez homes. Era a furia da demolición.”
(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días de Ed. Xerais)
Deixamos ós nosos amigos, Phileas Fogg e Passepartout loitando por chegar a Liverpool e recordemos que a ruta que estaban facendo desde América ó Reino Unido, era a ruta inversa á que fixeron milleiros de escravos no século XVIII.
Unha das principais causas da riqueza de Liverpool entre os anos 1730 e 1770 foi a trata de negros, e entre estes anos saíron de Liverpool unhas 2.000 naves negreiras, e calcúlase que no espazo de once anos máis somentes estas naves transportaron ás colonias de América arredor de 300.000 escravos. Ó final do século XVIII Liverpool controlaba máis do 40% do comercio de escravos de Europa e o 80% do Reino Unido.
Un par de películas de época que abordan este tema:
Almas en el mar (película do 1937, protagonizada por Gary Cooper)
Amistad, dirixida por Steven Spielberg e protagonizada por Morgan Freeman, Anthony Hopkins, entre outros.