“O 16 de decembro era o septuaxésimo quinto día decorrido despois da saída de Londres. E pois, o “Henrietta” aínda non levaba un atraso inquietante. Pouco máis ou menos, a metade da travesía estaba feita, e as peores paraxes pasáranas xa. Se fose no verán, podíase responder do éxito. Ó ser inverno, estaban a mercede do mal tempo. Passepartout non se pronunciaba. No fondo, el tiña esperanza; pois, aínda que o vento fallase, ó menos contaban co vapor.
Ora, aquel día, subíu á cuberta o maquinista, foi cabo de Phileas Fogg e púxose a falar animadamente con el.
Sen saber o porque, -un presentimento, sen dúbida- Passepartout sentiu unha certa inquietude. El daría unha das súas orellas por escoitar coa outra o que falaban alí. De calquera maneira, puido coller algunhas verbas, e, entre outras, estas pronunciadas polo seu amo:
-Vostede está certo do que di?
-Certo, señor -respondeu o maquinista-. Non esqueza que, desque saímos, estamos a navegar con tódolos fornos acesos; e por máis que tiñamos carbón abodo para irmos a baixa presión desde Nova York a Burdeos, non témo-lo bastante para irmos a todo vapor de Nova York a Liverpool!”
(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días” de Edicións Xerais)
Pois mentras agardamos a que Phileas Fogg chegue a Liverpool, nós xa nos adiantamos e imos recalar nesta cidade. O que nos permite incluír esta entrada na categoría “Música”, entre outras cousas.
Na Wikipedia, dísenos desta cidade que “a popularidade dos Beatles e do equipo de futbol contribúen a convertir Liverpool nun destino turístico, este sector desempeña un papel significante na economía da cidade”
Nós atendemos ó primeiro reclamo: The Beatles.
Esta banda procede de Liverpool, os seus compoñentes foron: John Lennon (que se converteu nun mito trala súa tráxica morte), Paul McCartney (co-fundador do grupo xunto con Lennon), George Harrison e Ringo Starr (último en incorporarse ó grupo). Són un dos grupos con máis éxitos e discos vendidos na historia da música pop. O seu maior impacto dase nos anos 60, pero continúa a partir daí. Incluso despois da súa disolución oficial como grupo no 1970.
John Lennon, como diciamos, converteuse nun mito trala súa morte a mans de Mark David Chapman, un perturbado que cometeu o crime para pasar á historia por iso.
Como curiosidade, dicir que deixou no Hotel Sheraton as súas pertenenzas para que a policía o encontrara e comprou un exemplar da novela “The Catcher in the Rye” (“El Guardián entre el Centeno”) * de Salinger, no que escribíu “Esta é a miña declaración” e firmouno coma “Holden Caulfield”. Abatíu a Lennon de 5 tiros e agardou no lugar á chegada da policía. Parece que este libro é o preferido de varios asasinos en serie. (Menuda gloria! pero o libro merece a pena)
*(picade sobre o título en castelán para lelo online; para unha reseña do libro, picade sobre o título en inglés. Tamén o tedes na biblioteca do centro)
E como esta entrada ía ser de música, acabamos deixándovos o vídeo do supercoñecido tema de John Lennon “Imagine”, tamén porque nestes tempos que corren necesítase moita imaxinación para tirar para adiante.