“(…) Una hora después, el vapor Henrietta rebasaba el light boat que señala la entrada del Hudson, doblaba la punta de Sandy Hook y salía a mar abierto. Durante la jornada costeó Long Island hasta la altura del faro Fire Island y luego puso rápidamente rumbo hacia el este.
Al día siguiente, 13 de diciembre, un hombre subió al puente para tomar la altura. Debería darse por supuesto que este hombre era el capitán Speedy… Pues nada de eso. Se trataba de Phileas Fogg, esq.(…)”
La vuelta al mundo en ochenta días, editorial SM, Clásicos Universales ( páx 265)
Imos deternos nos faros. Sempre me pareceron moi poéticos os faros, por iso de ser guía nas tormentas ou na escuridade. Por iso de que a luz era capaz de vencer a inmensidade do mar. Sería porque cando era adolescente lin o poema de Garcilaso “Pasando el mar Leandro el animoso” e souben da historia de Hero e Leandro
” A despedida de Hero e Leandro” de W. Turner ( Procedencia da imaxe)
Tamén lembro, de pequena ter lido unha adaptación de El faro del fin del mundo, do mesmo autor da novela coa que estamos traballando. Esa lectura, agora entre néboas na memoria, contribuiu, sen dúbida, á miña fascinación polos faros. Xa non lembro agora que adaptación habería na biblioteca do colexio, na nosa, temos a edición que publicou Vicens Vives.
Tal vez sexa a soidade dos faros o máis atractivo deles. Soidade que se deixa ver en La reina de las nieves, de Carmen Martín Gaite ( de novo, Carmen, coas súas historias intimistas ) publicada pola editorial Anagrama.
E tamén na película de Eduardo Mignogna, El faro del sur. Aquí tedes a ficha técnica da película, e aquí unha crítica
( certamente si toma coma punto de partida o “desnivel”), pero o mellor é ver a historia das dúas irmás, Meme e Aneta:
( Unha marabilla para quen queira perderse na orfandade destas dúas irmáns) ( E atopar un faro)
( Fixádevos na muller que está na parte de atrás do coche, é Norma Leandro, unha das actrices de raza que aínda quedan. Tamén traballou, por certo, en Cleopatra, do mesmo director)
Quedamos con outro faro do sur, este é de Sopa de Cabra
( será que a lingua ás veces tamén pode ser un faro?)