“Sagarmatha” (2ª parte)

A semana pasada a avanzadilla do BiblioTea instalou o seu particular campo base na biblioteca do centro. Deixamos unhas cordas postas na entrada do xoves neste blog para facilitarlle o ascenso ós expedicionarios do BiblioTea.

100_3968_resized

O luns 3, reuníronse todos os integrantes da nosa “expedición” ós cumios do “Sagarmatha” (lectura do mes) para comer (arroz doce como aporte gastronómico á lectura) e logo entrar en acción (o raksi e demais aportes alcohólicos, Aromes de Montserrat, Malvasia de Sitges, non comprían neste caso)

100_3970_resized

Comezamos visitando Katmandú co pase de diapositivas que nos fixo Esme, para ir achegándonos ós cumios do Himalaia (grazas, Rodri e colega de Rodri, polas fotos)

100_3965_resized

Detivémonos no templo de Tiangboxé, escoitando os mantras para a meditación do doble CD “Ritual Music of the Tibetan Monks. Mantras for Meditation” Dejavu Retro. Gold Collection

http://www.inmondadori.it/img/Ritual-music-of-the-tibetan-Miscellanee/ea007611961006/BL/BL/08/ZOM/

e disfrutando dos aromas do incienso nepalense.

(Houbo a quen non lle parecía posible meditar con esta música, houbo quen a comparou coas campaíñas da igrexa…)

100_3966_resizedLogo de toda esta posta en escea, que ata tiñamos bandeiriñas e todo para que os deuses nos foran propicios, perdémonos polas páxinas do “Sagarmatha”, cascadas de xeo, val do silencio. E efectivamente, moitos dos nosos expedicionarios perderonsenos, pero non entre a neve precisamente. Perdéronse porque disque non entenderon o libro, ou sería máis ben que non o leron??? Porque Carla e Christian parece que tiñan moi claro o argumento, como se ía “desenvolvendo a través das cartas nas que cada personaxe contaba unha parte da historia”, segundo explicou Christian.

Tamén el se fixou moi ben na relación entre Mireia e os xerpas, “que a reverenciaban porque crían verdadeiramente na súa relación coa deusa das neves.”

Carla, á súa vez, fixouse moi ben no carácter de Mireia, na súa procedencia, de clase social máis ben pobre, “por iso tiña que pedirlle diñeiro á súa avóa e ó seu irmán para costearse a expedición, mentras que outros viñan de mundos totalmente opostos no que a nivel económico se refire”. Tamén se fixou moi ben no compañeiro da expedición (era o Jordi?) que ata perdeu o traballo por formar parte da expedición, e cando volveu, “cambiou totalmente de vida, marchando  a vivir a un refuxio de montaña, despois de toda unha vida sen pedir un día no traballo… A soidade da montaña faite replantexar moitas cousas”

Paula fixo a súa aportación ó definir a novela coma “espiritual” ou “que trata da espiritualidade”.

Antes de rematar a crónica da reunión, que pechamos escoitando a canción de “L’elefant en bicicleta”, facemos un engadido para que teñades en conta en próximas reunións e lecturas:

Non se trata só de ler (no caso de que se lea, porque moitos ides á reunión sen ler a obra, ou léndoa a correr e saltando páxinas, iso non é ler, supoño que xa o sabedes), non se trata só de ler unha historia, senón de buscar relacións, aspectos que se tratan na obra, temas transversais… E tampouco fai falta para iso saber os nomes de todos e cada un dos personaxes (importan máis os rasgos dalgúns deles ca o nome). Carla fixouse en que un dos personaxes abandoa o traballo por cumprir o seu soño, escalar o Everest, non é isto máis importante ca saber se o tal personaxe era Jordi ou Josep?  Tampouco fai falta  saberse todas as datas, tratándose se cartas, cada unha delas vai datada. As cartas escríbenas os membros da expedición xa de regreso na casa, a trama que contan é lineal e neste caso é o que  nos importa, non as datas das cartas senón as dos feitos que se contan.

Alguén do grupo dixo que ó principio non se enteraba de que ía a historia, e eu pregunto, que gracia tería ler un libro de aventuras que che desvela a historia no principio? O que hai é que continualo ata o final para chegar ó desenlace, cousa que moitos non fixestes, equivócome?

Por último, recordarvos que isto é un Club de Lectura e a única condición indispensable para formar parte dun Club de lectura é SER LECTOR ou LECTORA, estamos?

(Adelia, dixit)

E despois deste toque de atención para que non esquezades que somos e por que e para que nos reunimos, deixovos o vídeo da canción

Acabamos recomendando, unha nova lectura de Josep Francesc Delgado, que ben axiña teremos na biblioteca en canto lla pidamos a Edicions del Roure de Can Roca.

“Sagarmatha” é a “primeira novela dun mosaico de catro: “Si puges al Sagarmatha”, “Sota el signe de Durga”, “Nima el xerpa de Namtxe” i “La tomba de Tiangbotxé” que representan unha introdución apaixoante á cultura tibetana, ós seus contornos e ós seus mitos”. (Tradución libre do que aparece na contraporda da edición catalana da citada editorial)

De momento non están en galego, localizamos a “Nima” en castelán na páxina que a mesma editorial ten nesta lingua (tamén ten páxina en galego, casteláneuskera) e alá imos con el. (Ignacio Chao, Xerais, traducídenos a tetraloxía, por favor!)

(Picade sobre a imaxen para ver un resumen do libro e xa nos contaredes)

Esta é a nosa primeira recomendación lectora para o mes de decembro (mes da neve, do Tíbet, do Nepal) no BiblioTea.

P.S.: A nosa próxima reunión será despois das vacacións de Nadal, o día 14 de xaneiro, daquela atoparémonos arredor do libro “La Gacela” de Jo Pestum, que nos levará desta vez da brancura das neves himalaias ó vedor da selva do Congo (antigo Zaire). E lembrade, para entender un libro, o PRIMEIRO é LELO (outra vez Adelia dixit)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Recomendacións, Sagarmatha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s