Engadimos no blog dúas novas páxinas (barra horizontal superior):
Pensamos que podía servos útil ter unha listaxe de tódolos libros e películas citadas no blog. Irémolas actualizando pouco a pouco e para que isto nos sexa máis doado, de momento, ordearemos a listaxe por orde de publicación ascendente (da máis antiga á máis recente)
Ola, son Antía do Club de Lectura. O libro Samargatha non me gustou moito, más ben, non o entendín. Tiña moitos personaxes e moitas datas. E se me fixo un pouco pesado. Facíame un lío con todo.
Pero Antía, como é iso? As datas tampouco é o máis importante. Os personaxes? Son moitos nomes, pero tampouco importa que isto ou aquilo o diga un tal Jordi ou un tal Josep, o que me chama a atención é que te fixeras un lío con todo. Ese todo é o argumento? Tanto ten agora, imos ver o luns na reunión se che aclaramos algunha cousiña e te desenliamos un pouco, de acordo?