“23 de novembro do 1872”

“…o “General Grant” pasaba o 23 de novembro polo meridiano cento oitenta, que é onde se atopan, no hemisferio austral, os antípodas de Londres. Dos oitenta días postos a disposición de Mr. Fogg, é verdade que el xa empregara cincuenta e dous e só lle quedaban vinteoito para gastar. Pero cómpre reparar en que o gentleman se atopaba na metade do camiño soamente “pola diferencia dos meridianos”, pois que en realidade xa andara máis dos dous tercios do percorrido total. ¡Cantos arrodeos forzados, en efecto: de Londres a Aden, de Aden a Bombai, de Calcuta a Singapur, de Singapur a Yocohoma! Seguindo circularmente o quincuaxésimo paralelo, que é o de Londres, a distancia non é máis do que doce mil millas todo ó redor; mentres que Phileas Fogg víase forzado, polos caprichos dos medios de locomoción, a percorrer vinteseis mil millas, das que el andara unhas dezasete mil cincocentas na alura daquel 23 de novembro. ¡Pero agora a rota era dereita e Fix non estaba alí para amorearlle atrancos!

“Tamén aconteceu que, naquela data do 23 de novembro, Passepartout experimentou unha grande alegría. Lembrarase que o cacholán teimou en conserva-lo seu famoso reloxio de famila pola hora de Londres, tendo por falsas as horas de tódolos países por onde pasaba. Pois, aquel día, por máis que el non o adiantara nin o atrasara nunca, o seu reloxio atopouse concordando cos cronómetros e a bordo.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días” de Ed. Xerais)

Unha breve explicación sobre como diferenciar paralelos e meridianos.

E a continuación a foto tomada por Juan no Royal Observatory Greenwich

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s