“Toquio Blues” Haruki Murakami

(Foto de Juan e/ou Geni)

E seguindo por terras xaponesas, hoxe toca falar non de libros de autores occidentais escritos nas súas propias linguas, nos que o protagonista é o Xapón, senón falar de autores xapones, que escriben  na súa propia lingua.

A Amélie Nothomb (recomendada en anteriores entradas)  poderiámola considerar mitade occidental, mitade oriental. Naceu e vivíu no Xapón a súa infancia e adolescencia, pero máis tarde asentouse en Bélxica, de onde era a súa familia e escribe en francés. Ela mesma fala nos seus libros dos seus conflictos nas relacións sociais que lle producía o choque das dúas mentalidades: occidental e oriental (v. “Ni de Adán ni de Eva”, unha das nosas recomendacións)

Hoxe recomendaremos a Haruki Murakami, nacido en Kyoto e de ascendencia nipona, como queda patente polo seu nome e apelido, pero que vivíu en USA e traducíu a autores norteamericanos, fala inglés máis ou menos fluído, pero escribe en xaponés. Con respecto ás linguas, na súa obra “De que falo cando falo de correr”, que temos na biblioteca na edición de Galaxia, di o seguinte*:

“Cando estou no Xapón cáseque nunca falo en público. Non dou nunca conferencias. Pero en inglés dei unha cantas, e se se me presentan oportunidades supoño que farei unhas cantas máis. É estraño, pero cando teño que falar en público síntome máis cómodo co meu inglés non moi fluído ca co meu xaponés. Supoño que é porque cando teño que dicir algo serio en xaponés teño a sensación de afogar nun mar de palabras. Como escritor manteño unha relación moi íntima coa miña lingua, e sempre me semella que teño un número infinito de posibilidades ó meu alcance. Por iso, cando teño que falar diante dun número indefinido de persoas me perdo neste mar tan rico de palabras e acabo frustrado.”

“No que respecta ó xaponés, gustaríame utilizalo só para escribir, sentado no escritorio. A escritura é o terreo que me permite manipular as palabra e o contexto de maneira adecuada e efectivaa, e convertilos nunha cousa concreta.”

*Nota de BiblioTea:

A cita é unha tradución libre (non do xaponés, desgraciadamente). Non teño á mán a edición de Galaxia, polo que  me permitín esta licencia.

As obras de Murakami publicáronse en 14 linguas, é dos autores máis coñecidos do boom da literatura xaponesa actual en Occidente, de tal xeito que se fala do “fenómeno Murakami”. En galego a editorial Galaxia ten traducidas varias obras súas. Nós na biblioteca temos algunhas delas.

En castelán están publicadas por Tusquets.

A recomendación de hoxe é  unha das máis exitosas do autor, considerada por algúns coma o clásico moderno por excelencia da literatura xaponesa. Trátase de “Tokio blues. Norwegian wood”.  Unha historia de amor moi ó “estilo murakami”: tenra, en to melancólico e sensual, con chispas de sentido do humor, e desenlace (que non vos desvelaremos) nese estilo murakami que dicíamos e que se percebe en canto se len unhas cantas obras do autor (“Al sur de la frontera, al oeste del sol”, segue esta línea). Amor adolescente, educación sentimental e tránsito á idade adulta.

Desta novela hai unha adaptación ó cine, que tivo algunhas nominacións ós Oscar por exemplo, pero que persoalmente creo que non está para nada á altura da novela (banda sonora interesante, iso sí). Foi tamén libro dun “club de lectura” entre amigos, e coincidimos os lectores-amigos nesta mesma apreciación. Se vos decidides a ler a novela e ver a película, xa nos diredes. Dámosvos a ficha técnica e o trailer:

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións, Xapón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s