“Memorias de una gheisa”. Arthur Golden

Aínda por terras do Xapón e seguindo á gheisa que fotografiou Juan (ou foi Geni?), nós facemos unha nova recomendación:

“Memorias de una gheisa”, de Arthur Golden, outro dos moitos autores occidentais fascinados polo mundo oriental e que escriben con material de primeira mán, por ter vivido alí. Arthur Golden naceu en Estados Unidos pero vivíu en Tokio, entre outros lugares asiáticos.

Desta obra tamén se fixo unha boa adaptación ó cine. Rob Marshall dirixíu a película do 2005 e foi  merecedora de varias galardóns e nominacións, podedes ver a ficha técnica picando enriba.

E deixámosvos o enlace ó trailer por se queredes ler o libro e ver  a película para comparar ou…(non deberíamos dicilo nun blog de lectura, pero tamén é unha opción) se queredes substituir a lectura pola película.

Por se queredes obter algunha información sobres as gheisas (literalmente significa artista, persoa das artes) e non cair nese prexuízo, que se soe ter ás veces por descoñecemento, de  confundilas con prostitutas, podedes entrar no blog Cultura japonesa.  O final da entrada tedes a bibliografía consultada coa que podedes ampliar coñecementos e tamén ver como se han de facer  ben as cousas nestes mundos virtuais, citando as fontes consultadas.

Advertisement

Deixar un comentario

Novembro 15, 2012 · 4:55 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s