“3 de novembro de 1872”

“Ó longo das xornadas do 3 e o 4 de novembro, houbo unha especie de tempestade. A borrasca batía no mar con violencia. O “Rangoon” tivo de capear durante medio día, manténdose a dez revolucións soamente, de maneira que esguellase as ondas. Arriaron tódalas velas, e aínda renxían a abondo os aparellos coas lufadas do vento.”

“A velocidade do barco, como se comprende, disminuíu unha chea; e podíase botar de conta que había chegar a Hong Kong con vinte horas de atraso sobre o horario previsto, se non eran máis, para o caso de que non amainase a tempestade.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días” de Edicións Xerais.)

A tempestade que sorprendeu ós nosos amigos no mar sería semellante a algunha das deste vídeo?


O mar e as tempestades parece que inspiraron a moitos compositores. No vídeo que acabades de ver temos unha mostra musical moi acaida de Hans Zimmer. Este músico destaca sobre todo polas bandas sonoras que puxo a películas coma “O rei león”…pero mellor deixovos o enlace a este blog de cine, onde podedes atopar as que en opinión do autor do blog, son as súas 10 mellores bandas sonoras. Sexan ou non as mellores, son unha boa mostra.

E como esta entrada vai de música (tamén se viaxa pola música e coa música e con música), aquí vos deixamos unha mostra máis clásica: “A tempestade no mar” de Vivaldi

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine, Música

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s