“14 de outubro do 1872”

“Á noite seguinte, o “Mongolia” franqueou o estreito de Bab el Mandeb, nome árabe que significa Porta das Bágoas; e para o día seguinte, o 14, facía escala en Steamer Point, ó noroeste da abra de Aden.  Alí debía abastarse de combustible.

Grave e importante asunto é este da alimentación das caldeiras dos barcos ás tales distancias dos centros de producción. Soamente para a Compañía Peninsular, supón un gasto anual que se pon en oitocentas mil libras. Houbo que establecer depósitos en varios portos; e, nestes mares alonxados, o carbón sae a oitenta francos a tonelada.

O “Mongolia” aínda tiña seiscentas cincuenta millas por facer antes de alcanzar Bombai, e debía permanecer catro horas en Steamer Point coa fin de ateiga-las súas bodegas.

Pero este atranco non podía perxudicar en ningunha maneira ó programa de Phileas Fogg. Estaba previsto. E por outra banda, o “Mongolia”, no canto de entrar en Aden o 15 de outubro pola mañá, entrou alí o 14 polo serán. Conseguindo un gaño de quince horas.”

(“A volta ao mundo en 80 días”. Ed. Xerais. Páx. 65)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s