Arquivos diarios: Outubro 13, 2012

“13 de outubro do 1872”

“O día 13 avistaron Moka, que apareceu cinguida polas súas murallas en ruínas, salientando por riba das mesmas algunhas palmeiras verdes. Ó lonxe, nas montañas, esparexíanse amplos cafetais. Extasiou a Passepartout o contemplar esta célebre cidade; e aínda atopou que, cos seus muros circulares e un forte desmantelado que tiña feitío de asa, a tal semellaba unha enorme media cunca. “

(“A volta ao mundo en 80 días” Ed. Xerais, páx.64)

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días