London

Hoxe tivemos a nosa primeira reunión do Club, despedimos a Phileas Fogg en Londres. El vai facer a súa volta ó mundo, xeograficamente falando, da que vos iremos dando novas e nós faremos a nosa propia, literariamente falando.

(Fotos de Londres: Juan Centeno)

Xuntámonos ás 14:30 na biblioteca do IES Val do Tea os integrantes do club de lectura:  Carmen, Carla, Pedro, Janira, Alba, Christian Daniel, Antía, Laura, Iago… Botamos en falta a Antía e a Samuel, que esperamos veñan ás próximas reunións, e tamén a Bryan, que parece que non vai vir (aínda poderemos convencer ós seus pais de que o deixen quedarse? se non fose así, Bryan,  síguenos por aquí)

Temos xa novos fichaxes para a próxima reunión, así que este parece que vai ser un club moi nutrido que terá incorporacións a pouco a pouco.

Entre todos os asistentes e non asistentes tamén xuntamos unhas cantas edicións do clásico de Verne. Velaiquí as portadas de algunhas (perdón polas fotos, que non son tan boas coma as do noso reporteiro de Londres. Grazas, Juan!)

Esta primeira que tedes arriba é unha edición de RBA, Biblioteca Julio Verne, do ano 2002

As dúas seguintes son edicións ilustradas, a primeira é a versión de Miquel Desclot con ilustracións de Javier Andrada, da editorial La Galera, colección “pequeños clásicos ilustrados”, ano 2005.

A segunda é a edicion abreviada ilustrada por Fabián Mezquita, da serie “Los grandes títulos de la novela juvenil” da editorialSol90, S.L., ano 2008.

(Estas tres edicións prestounalas Rodri. Grazas!)

Aquí tedes esta outra adaptación,

a editada por Ediciones Toray, S.A., nunha colección de clásicos de bolsillo, ano 1979. (Grazas, Pancho, por deixárnola.)

E por último,

a edición que trouxo Laura, de Ediciones Rueda, J.M. S.A.

E nesta primeira xuntanza (pendurando sobre nós, tamén por cortesía de Rodri,  este globo terráqueo) xantamos, tomamos o té, non o das 5, pero si con pastiñas de Esme e María, e dispuxémonos a ver a versión-adaptación do libro de Verne ó cine de Michael Anderson, protagonizada por David Niven e Mario Moreno “Cantinflas”, que algúns dos asistentes xa viran e outros pasariamos sen vela: quedámonos co libro, non é?

Apagamos as luces,  comezou a sesión…

e nós acabamos aquí a entrada.

Continuaremos coas reunións do Club, que o próximo novembro nos levarán ó deserto do Sahara con Monica Zak e “El niño que vivía con los avestruces”, que xa tedes esperándovos na bibliotea.pero non abandonaremos a Phileas Fogg, iremos dándovos noticias de por onde anda en próximas entradas. Estade atentos/-as!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s